Cuarto

Estas son algunhas das actividades que debedes traballar o alumnado de cuarto nas vosas casas para continuar o traballo de educación musical. Irei aportando contidos novos despois de Semana Santa:


1.- Facer ditados de figuras primeiro e logo rítmicos empregando as seguintes figuras e silencios: branca, negra, corchea e dobre corchea, silencio de negra e de corchea.

Nestes enlaces podes recordar as figuras e os silencios que vimos ata o momento.


Figuras: http://margaco001.wix.com/lenguaje-musical#!__page-7

Silencios: http://margaco001.wix.com/lenguaje-musical#!__page-8

Ditado de figuras: Primeiramente debemos deixar claro con que compás imos traballar(2, 3, 4,...pulsos) Logo o que dita vai pronunciando as sílabas rítmicas:


Branca: TA-A
Negra: TA
Corchea: TI
Dobre corchea: TI-TI
Silencio: SHSS

 e o neno/a vainas copiando nun papel transformándoas nas figuras correspondentes.

Ditado rítmico: faise a continuación do ditado de pulsos, para que saiban de cantos en cantos pulsos deben agrupar as figuras rítmicas. A continuación, o que dita pensará  combinacións de figuras que ocupen ese número de pulsos e irá ditándollas ao alumno/a.

Por último debemos ler e tocar o ritmo escrito con instrumentos caseiros.


3.- Traballar a altura do son mediante ditados: AGUDO - GRAVE


Para levalo a cabo o que dita elixe dous obxectos que haxa pola casa, un para o grave e outro para o agudo. Recordarlle que os sons agudos son finos ou altos(voces de neno ou muller, obxectos pequenos, ...) e os graves anchos ou fondos (voces de home, obxectos grandes, ...).


A continuación fai soar os dous obxectos varias veces para que o neno/a interiorize o son de cada un deles e lle quede claro cal é o agudo e cal o grave. Logo, o que dita fainos soar sen que o vexan nunha orde determinada, por exemplo: agudo - agudo - grave; agudo - grave - agudo; ... e o alumno debe ir apuntando cada serie nun papel.


4.- Repaso da colocación das notas da escala musical no pentagrama.


- Primeiro debuxar un pentagrama coa clave de sol ao principio.
- Logo colocar as notas da escala DO - RE - MI - FA - SOL - LA - SI - DO´  no lugar correspondente:


 Educación Musical: ¿Cómo leer partituras?

5.- Ditado rítmico - melódico.


Este traballo consiste en debuxar o pentagrama coa clave de sol, e colocar as notas nas liñas e nos espazos sen seguir unha orde determinada desde DO-RE-MI-FA-SOL-LA-SI-DO'.

6.- Frauta.

Repasar todas as cancións do libro vistas ata o momento. Ireivos dando partituras novas despois de Semana Santa.

7.- Buscar en Youtube música para escoitar e bailar. Os enlaces que puxen de Sonárbore TV e Radio Picariña están moi ben, aínda que podedes buscar música de Mamá Cabra, Brais das Hortas, Pés de Lan, María Fumasa, Uxía Lambona, Pablo Díaz,...

8.-Construción dun instrumento musical con material de refugallo. (para entreterse)




Ningún comentario:

Publicar un comentario