Quinto

Estas son algunhas das actividades que debedes traballar o alumnado de quinto nas vosas casas para continuar co traballo de educación musical. Ireivos aportando contidos novos despois de Semana Santa.

1.- Repaso dos principais conceptos de linguaxe musical no seguinte enlace:

http://margaco001.wix.com/lenguaje-musical#!

2.- Facer ditados rítmicos empregando estas figuras e silencios: branca, negra, corchea, dobre corchea, silencio de negra e de corchea.

Branca: TA-A
Negra: TA
Corchea: TI
Dobre corchea: TI-TI
Silencio: SHSS

Ditado rítmico: Primeiramente debemos deixar claro en que compás imos traballar (2, 3, 4,...pulsos) . A continuación, o que dita pensará  combinacións de figuras que ocupen ese número de pulsos e irá ditándollas ao alumno/a.

Por último debes ler e tocar o ritmo escrito con instrumentos caseiros.


3.- Repaso dos exercicios feitos na clase de linguaxe musical.


4.- Repaso da colocación das notas da escala musical no pentagrama.


- Primeiro debuxar un pentagrama coa clave de sol ao principio.
- Logo colocar as notas da escala DO - RE - MI - FA - SOL - LA - SI - DO´  no lugar correspondente:


 Educación Musical: ¿Cómo leer partituras?

5.- Ditado rítmico - melódico.


Este traballo consiste en debuxar o pentagrama coa clave de sol, e colocar as notas nas liñas e nos espazos sen seguir unha orde determinada desde DO-RE-MI-FA-SOL-LA-SI-DO'.

6.- Frauta.

Repasar todas as cancións do libro vistas ata o momento.

7.- Buscar en Youtube música para escoitar e bailar: Pés de lan, Bailabén, Os Melidaos,...

8.- Construción dun instrumento musical con material de refugallo (para pasar o tempo)



Ningún comentario:

Publicar un comentario