Educación Infantil

Estes son modelos de actividades para facer co alumnado de infantil nesta etapa de confinamento. Son válidas para o que resta de curso:
  • Buscar en Youtube música para escoitar e bailar. Os enlaces que puxen de Sonárbore TV e Radio Picariña están moi ben, aínda que podedes buscar música de Mamá Cabra, Brais das Hortas, Pés de Lan, María Fumasa, Uxía Lambona, Pablo Díaz,...
  • Buscar imaxes ou videos de instrumentos musicais e xogar con eles a adiviñar o seu nome. Podedes imprimirlle fichas de instrumentos para que o coloreen, que debuxen algún tamén,...
  • Para traballar o timbre, tamén en Youtube, podedes atopar videos sen imaxe co son dos instrumentos para que traten de adiviñar cal é o que soa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario