Segundo

Estas son algunhas das actividades que podedes facer nas vosas casas os nenos e nenas de segundo para seguir co traballo de educación musical:
1.- Construción de instrumentos musicais.
  • Facer unha guitarra.



Tamén se pode realizar cunha caixa de zapatos.


  • Facer un tambor con latas.

2.- Facer ditados de pulsos:

A persoa que dita marcará os pulsos(con palmadas, golpexando obxectos,...) de 2 en 2, 3 en 3, 4 en 4,... tocando sempre o primeiro de cada 2, 3 ou 4 máis forte.
Exemplo:
De 2 en 2: 1 - 2 - 1 - 2 - 1 - 2 - 1 - 2 ...
De 3 en 3: 1 - 2 -3 - 1 - 2 -3 - 1 - 2 -3...
De 4 en 4: 1 -2 - 3 - 4 - 1 -2 - 3 - 4 -...

3.- Facer ditados de figuras primeiro e logo rítmicos: branca, negra, dobre corchea e silencio de negra.

Recordamos:
A branca equivale a dous pulsos.
A negra         "       a un pulso.
A dobre corchea vale un pulso(medio pulso cada corchea)
O silencio de negra un pulso.
Para o ditado empregaremos as sílabas rítimicas que xa coñecen:
Branca : TA-A
Negra: TA
Dobre corchea: TI TI
Silencio de negra: SHSS

Ditado de figuras: O que dita vai pronunciando as sílabas rítmicas anteriores e o neno/a vainas copiando nun papel.
Ditado rítmico: faise a continuación do ditado de pulsos, para que saiban de cantos en cantos pulsos deben agrupar as figuras rítmicas. A continuación, o que dita pensará  combinacións de figuras que ocupen ese número de pulsos e irá ditándollas ao alumno/a.

4.- Repasar as familias de instrumentos musicais:
https://www.youtube.com/watch?v=bdm7baKCjKo

5.- Linguaxe Musical:
Debuxar un pentagrama e facer a clave de sol, logo colocar nel as notas RE - MI - FA -SOL -LA -SI

6.- Buscar en Youtube música para escoitar e bailar. Os enlaces que puxen de Sonárbore TV e Radio Picariña están moi ben, aínda que podedes buscar música de Mamá Cabra, Brais das Hortas, Pés de Lan, María Fumasa, Uxía Lambona, Pablo Díaz,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario