Terceiro

Estas son algunhas das actividades que debedes traballar o alumnado de terceiro nas vosas casas para continuar co traballo de educación musical:

1.-  Facer ditados de pulsos:

A persoa que dita marcará os pulsos(con palmadas, golpexando obxectos,...) de 2 en 2, 3 en 3, 4 en 4,... tocando sempre o primeiro de cada 2, 3 ou 4 máis forte.
Exemplo:
De 2 en 2: 1 - 2 - 1 - 2 - 1 - 2 - 1 - 2 ...
De 3 en 3: 1 - 2 -3 - 1 - 2 -3 - 1 - 2 -3...
De 4 en 4: 1 -2 - 3 - 4 - 1 -2 - 3 - 4 -...

2.- Facer ditados de figuras primeiro e logo rítmicos: branca, negra, dobre corchea e silencio de negra.


Recordamos:

A branca equivale a dous pulsos.
A negra         "       a un pulso.
A dobre corchea vale un pulso(medio pulso cada corchea)
O silencio de negra un pulso.
Para o ditado empregaremos as sílabas rítimicas que xa coñecen:
Branca : TA-A
Negra: TA
Dobre corchea: TI TI
Silencio de negra: SHSS

Ditado de figuras: O que dita vai pronunciando as sílabas rítmicas anteriores e o neno/a vainas transformando nas figuras correspondentes copiándoas nun papel.

Ditado rítmico: faise a continuación do ditado de pulsos, para que saiban de cantos en cantos pulsos deben agrupar as figuras rítmicas. A continuación, o que dita pensará  combinacións de figuras que ocupen ese número de pulsos e irá ditándollas ao alumno/a.

Por último debemos ler e tocar o ritmo escrito con instrumentos caseiros.


3.- Traballar a altura do son mediante ditados: AGUDO - GRAVE


Para levalo a cabo o que dita elixe dous obxectos, un para o grave e outro para o agudo. Recordarlle que os sons agudos son finos ou altos(voces de neno ou muller, obxectos pequenos, ...) e os graves anchos ou fondos (voces de home, obxectos grandes, ...).


A continuación fai soar os dous obxectos varias veces para que o neno/a interiorize o son de cada un deles e lle quede claro cal é o agudo e cal o grave. Logo, o que dita fainos soar sen que o vexan nunha orde determinada, por exemplo: agudo - agudo - grave; agudo - grave - agudo; ... e o alumno debe ir apuntando cada serie nun papel.


4.- Repaso da colocación das notas da escala musical no pentagrama.


- Primeiro debuxar un pentagrama coa clave de sol ao principio.
- Logo colocar as notas da escala DO - RE - MI - FA - SOL - LA - SI - DO´  no lugar correspondente:

 Educación Musical: ¿Cómo leer partituras?

5.- Repaso das distintas familias de instrumentos musicais.

https://www.youtube.com/watch?v=bdm7baKCjKo

6.-  Construción de instrumentos musicais. (para entreterse)




7.- Frauta.

Repasar as partituras que vimos este curso. (notas SOL - LA - SI - DO´)

8.- Buscar en Youtube música para escoitar e bailar. Os enlaces que puxen de Sonárbore TV e Radio Picariña están moi ben, aínda que podedes buscar música de Mamá Cabra, Brais das Hortas, Pés de Lan, María Fumasa, Uxía Lambona, Pablo Díaz,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario