1.- Debedes repasar o que se veu na clase acerca da música noutros paises e continentes. Tamén vos virá ben rapasar os principais conceptos de linguaxe musical no seguinte enlace:
http://margaco001.wix.com/lenguaje-musical#!
2.- Facer ditados rítmicos empregando estas figuras e silencios: branca, negra, corchea, dobre corchea, silencio de negra e de corchea.
Branca: TA-A
Negra: TA
Corchea: TI
Dobre corchea: TI-TI
Silencio: SHSS
Ditado rítmico: Primeiramente debemos deixar claro en que compás imos traballar (2, 3, 4,...pulsos) . A continuación, o que dita pensará combinacións de figuras que ocupen ese número de pulsos e irá ditándollas ao alumno/a.
Por último debemos ler e tocar o ritmo escrito con instrumentos caseiros.
3.- Repaso dos exercicios feitos na clase de linguaxe musical.
4.- Repaso da colocación das notas da escala musical no pentagrama.
- Primeiro debuxar un pentagrama coa clave de sol ao principio.
- Logo colocar as notas da escala DO - RE - MI - FA - SOL - LA - SI - DO´ no lugar correspondente:
5.- Ditado rítmico - melódico.
Este traballo debe consistir en debuxar o pentagrama coa clave de sol, e colocar as notas nas liñas e nos espazos sen seguir unha orde determinada desde DO-RE-MI-FA-SOL-LA-SI-DO'.
6.- Frauta.
Repasar todas as cancións do libro vistas ata o momento.
7.- Buscar en Youtube música para escoitar e bailar: Pés de lan, Bailabén, Os Melidaos,...
8.- Construción dun instrumento con material de refugallo (para pasar o tempo).
8.- Construción dun instrumento con material de refugallo (para pasar o tempo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario